16/11/09

Exito da 1ª Xornada Micolóxica

O pasado día 31 de Novembro,arredor de uns 20 veciños da parroquia xunto con algún outro participante vido de outros lugares do Concello de Vigo , saímos cara o monte do Pouso co animo de facer a recolleita da maior variedade de fungos ou cogomelos para que nos permita posteriormente facer unha clasificación co a axuda de Alfonso .

Unhas 32 variedades de cogomelos foron atopadas polos distintos grupos que se formaron entre os paticipantes. Cantarelus, Boletus, Niscalo, Rusulas, Amanitas son algunhas das variedades recolleitadas.

Arredor das 18.00 h, regresamos ó punto de encontro para preparar a exposición e clasificación de todo los cogomelos, no recibidor do centro cultural Helios.
Levantou moita curiosidade entre os participantes e visitantes ,as distintas particularidades de algún dos fungos que se mostraban.

As 20.00 h e como tiñamos programada, Alfonso nunha conferencia-proxección falounos con paixón das marabillas destes seres .

Esta 1ª xornada mocolóxica,deixa un bo pouso entre todos/as para repetir o bindeiro ano,para o que xa quedades convidados.





10/11/09

Sidra... con toda a tradición.


O pasado mes de Setembro, os membros da Asociación "Pena Cabalaria" e dentro dos fíns para o que se creou este recen nacido colectivo, elavoramos sidra aproveitando un dos poucos lagares que quedan na parroquia de Bembrive no Concello de Vigo.
Tino ,o dono do lagar ,non duvidou en cedernolo ,así como colaborar tanto na recollida como na escolla, para posteriormente, xunto co Manel e fillos , poñer a nosa disposición todo a saber da tradición na elavoración da sidra. Non deises de ollar o video en youtube.

http://www.youtube.com/watch?v=2LWfqsmAYNU

26/10/09

pan de millo

PAN DE MILLO, BROA OU BOROA.

Ingredientes para unha bola de 1/2 quilo de pan
500 gr de fariña de millo branco.
500 ml de auga a ferver con fiuncho e sal.
150 gr de fariña de centeo (1/3 da de millo).
Formento (20 %-inverno- 10%- verán- da cantidade total de fariña)

Procedimento
Dispoñer a fariña de millo nun bol e realizar un buraco no medio. Engadir a auga a ferver (canto máis branca sexa a fariña máis temperatura terá que ter a agua para conseguer amalgamala) e remexer a mistura cunha culler de pao ata que estea morna. Peneirar a fariña de centeo e engadila á masa. Agora xa está morna e poderémola misturar coa man. Disolveremos o formento na masa, engadindo auga morna se é preciso. Facer o estirado da masa, dúas ou tres veces, facer unha bola e limpar as mans con auga. Agora, deixarémola en repouso de 5 a 7 horas para que levede (neste caso solo leva 1 fermentación. A masa estará lista para fornear cando aparezan varias grietas na súa superficie. Fornear a 230ºC durante 1 hora e 30 minutos (aproximadamente) ata que a cortiza estea ben moreniña. Para que a cocción sexa homoxénea e o pan teña un bo aspecto é preciso meter no forno, dende o principio, un recipiente con auga. O pan poderase comer cando enfríe, non antes, pois sería moi indixesto.

vaipolorio

Asociación que traballa desenrolando actividades no entorno dos rios.
http://www.blogger.com/www.vaipolorio.org

a zarrota

Asociación adicada a micolóxia na comarca de Vigo.www.azarrota.org

naturezaviva

Proxecto transfronterizo da Comunidade Europea para reinventar o monte periurbano de Vigo e Vilanova da Cerveira.
http://www.blogger.com/www.naturezaviva.com

asociación meiro corvo

o seu traballo xira o redor da recuperación do millo corvo.
http://www.blogger.com/www.meirocorvo.org

7/9/09

Limiar



Asociación Pena Cabalaria

En Bembrive, as pontellas e fontes , os muíños e lagares conforman a grande parte do noso patrimonio etnográfico .
Tamén os bosques de piñeiro que inzan as abas caendo suavemente ate transformárense en bosque de ribeira, que acompañan a o río e regatos que atravesan a parroquia e que hoxe ten unha importante función medioambiental en si mesma e como lugar de lecer da poboación en xeral.
A contorna na que vivimos e as propias necesidades da poboación, fixeron que unha serie de traballos formen parte da nosa tradición, como a moenda do millo e centeo para facer o pan nos diferentes fornos de pedra que aínda se conservan, a elaboración da sidra que conta con aproximadamente douscentos anos de historia na nosa parroquia, ou a sementeira de pinos que no seu día capitalizou o mesmo monte.
Para un grupo veciños e veciñas paga a pena poñerse “mans a obra” , co fin de levar adiante a tarefa conservar e defender o noso patrimonio natural e etnográfico e divulgalo entre os nosos.

Así nace a Asociación Pena Cabalaria, un colectivo legalmente constituído en agosto de 2009 e o seu ámbito territorial de actuación é a Parroquia de Santiago de Bembrive, no Concello de Vigo.
Co animo de conseguir os fins para o que foi creada a Asociación Pena Cabalaria organizaremos actividades ,como:
Charlas e xornadas divulgativas
Roteiros.
Obradoiros medioambientais.
Catalogación de flora e fauna, etc. .
Animamos a toda a veciñanza a sumarse a este ilusiónante proxecto que agora escomenza .
Un saúdo.