22/3/10

Como podes contactar coa Asociación.

Podes contactar coa a sociación a traves do correo electronico penacabalaria@gmail.com .

16/3/10

Recuperar o espirito da sementeira, para poñer en valor o monte

Falta pouco para que este anaco de monte, que agora esta falto de arbores ,volva a recuperar a sua utilidade.

O próximo día 2 de Abril, a Asociación Pena Cabalaria vai a realizar unha plantación de frondosas no monte de Bembrive, a que estades convidados todos/as, especialmente aqueles veciños e veciñas que xa participabades naquela tradicional sementeira do Venres Santo.

Recuperar o espírito da sementeira, adaptándose a os novos tempos,é só un pequeno "gran de area "para que o monte medre en valor.