11/4/10

Un cento de castiñeiros foron plantados o pasado 2 de Abril.


O pasado 2 de Abril plantamos no monte de Bembrive un cento de castiñeiros.

A pesares do frío e a choiva, a participación de unhas 35 persoas de tódalas idades entre os socios de Pena Cabalaria e os membros da Peña do Piñón, permitiu plantar arbores autóctonas que van enriquecer aínda mais o noso monte.
Os veteranos da Peña do Piñón nunha paradiña no traballo para comer e beber, aproveitaron para contar a súa extensa experiencia en sementeiras pasadas .
O tempo, que non foi aliado noso ,impídeo realizar o xantar no Parque do Pouso e compartir entre todos os participantes un día de festa.
Grazas a todos e todas pola vosa desinteresada participación.