12/12/11

AUDIO-CONFERENCIA: O ESPAZO NATURAL DO RIO EIFONSO


O proximo venres 16 de Decembro as 20.30h no salón de actos da S.C.R. Helios.
Este ano foi declarado pola Asemblea Xeral da ONU como Ano Internacional dos Bosques, recollendo o testemuño do ano 2010, adicado naquela ocasión á biodiversidade. Con esta iniciativa preténdese promover unha reflexión mundial sobre a importancia dos bosques, as funcións ambientais que realizan e sobre a necesidade da súa existencia para a humanidade.
Entre bosques e biodiversidade anda a cousa, pois queremos facer unha aproximación local a dúas problemáticas de escala planetaria, como son a situación actual dos bosques e as implicacións que isto ten na salvagarda da biodiversidade.

UN NOVO NUMERO DO TARABELO XA ESTA NA RÚA


Esperamos que che guste este novo numero do Tarabelo.Podes atopalo nos lugares de costume.

13/10/11

PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN A OS ORZAMENTOS DA ENTIDADE DO 2012

ESTAS SON A NOSAS APORTACIÓNS A OS ORZAMENTOS DA ENTIDADE PARA O ANO 2011:

"En relación a carta recibida por esta asociación con data de 9 de Setembro de 2011, na que se nós convida a facer suxestións cara a elaboración dos próximos orzamentos,dicir que :

1. E a Entidade Local Menor de Bembrive(E.L.M.B), debe de enfrontar unha Xestión Integral do Monte de xeito sustentábel, tratando de obter o máximo rendemento sen esgotalo e que a súa vez sexa fonte de benestar.
2. A masa forestal dos montes de Bembrive xunto co resto de montes periurbanos de Vigo e indiscutible os beneficios que aportan a poboación( son un sumidoiro de CO2, un lugar para o lecer,etc.) .

Polo tanto, para esta asociación parte dos orzamentos pasarían por incluír:

1. Posta en marcha do Plan de Ordenación do Monte coas necesarias modificacións cara a súa actualización .
2. Debe de incluírse a cantidade de CO2 que reten a masa forestal dos Montes de Bembrive e traducilo a Euros nos orzamentos.
3. Unha parte dos Orzamentos tería que incluír unha partida destinada a mercar patrimonio en lugares que poidan ser de interese(Ex: ribeiras de regatos, ruínas da Fraga).
4. Posta en marcha de un programa de axuda desempregados da parroquia que queiran por en marcha proxectos de producción agrícola, gandeira, forestal, silvicultura .
Sen mais que engadir, soamente darlle as grazas pola posibilidade de participar.

Un saúdo."

4/10/11

Romaría de San Cibrán

Co gallo da romaría de San Cibrán, un dos santos milagreiros que máis mira por nós os bembrivenses ante meigas e demais espíritos do alén, a Asociación Pena Cabalaria uniuse aos centos de romeiros que subiron até os Ramallos para gozarmos con todos eles dunha xornada de lecer.

Aproveitamos a ocasión e as boas condicións atmosféricas para montarmos un posto onde, amais da devandita bebida, fornecemos aos visitantes de información sobre o xeito mediante o cal os nosos devanceiros apañaban e procesaban as mazás para acadaren este saboroso produto. Cómpre salientar que todas as mazas foron arrapañadas na parroquia, non houbo “inxerencia” allea ningunha.

Do mesmo xeito, os socios e socias da asociación queremos agradecer a Carme, Jaime, Tino, Chari e demais familia por prestárennos dun xeito tan desinteresado a súa casa e mais o seu lagar, obra de arquitectura popular de abraiante beleza. De non termos contado coa súa axuda, non poderiamos ter elaborado esta bebida dun xeito tan artesanal e a sidra tería perdido a súa esencia. Neste capítulo de agradecementos non podemos esquecer dar as grazas a “Cans de Palleiro” por nos agasallaren cos seus acordes nin a todos e cada un dos romeiros que contribuíron a que Bembrive inda siga a manter ese punto exacto de compensación entre enxebrismo e progreso.

1/8/11

Sobre a moenda do pasado día 4 de xuño

Cantigas como Con me casar como quixen, e ter o ceio na casa, non hai noite que non me acorde das noites de muiñada ou a ben sabida Unha noite no muíño, unha noite non é nada; unha semaniña enteira, esa si que é muiñada; amais de refráns como Ábrete, fol, pola boca, pra que en vez dunha maquía dúas che colla ou O cura, o sancristán, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño son só uns poucos exemplos dos milleiros de ditos populares que fan referencia ao muíño, elemento arquitectónico que presenta un peso específico importante dabondo dentro da fraseoloxía galega (arca esta que recolle a sabedoría popular de outrora e que, por ende, dá boa conta das características da vida dos nosos pais, avós e devandeiros) como para afirmarmos que estas construcións foron a pedra angular da vida na Galiza de antano; nas súas estruturas fican gravadas moreas de historias que xustifican aspectos senlleiros da cultura galega como pode ser a «muiñeira».

O ser humano, dende que se lle pode denominar como tal, aproveitou as forzas da natureza para mellorar a súa calidade de vida e, así, desenvolver cunha maior sinxeleza tarefas básicas do seu día a día. Velaí o porqué da xénese deste elemento arquitectónico tan representativo desta nosa terra, construído por puro pragmatismo, pois con el se pretendía tirar proveito, neste caso, da forza da auga dos ríos galegos, caudalosos coma ningúns outros por motivos obvios. Para iso, move dúas grandes pedras que son capaces de converter o gran en fariña, sexa esta de centeo, trigo ou millo. Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de «rodicio», coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes; e os de «bruia» coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ao trigo denomínase «muíño albeiro».

Á parte da lóxica función económica do muíño, cómpre destacar o seu labor socializador, xa que actuaba como punto de encontro para os veciños; no seu interior intercambiábanse opinións e nacían as faladorías, eran un espazo onde converxían música e parola. Non en van, constatamos que foron axentes da aparición do devandito tipo musical, que debe o seu nome á muller que, mentres agardaba pola súa fariña, cantaba e bailaba para facer pasar o tempo do xeito o máis ameno posible.

En canto ao seu funcionamento, os muíños adoitaban ser de uso comunal; neste caso, cada veciño dispuña dunha horas prefixadas para empregalo. Estes reciben o nome de «muíños de herdeiros». Do mesmo xeito, nalgúns casos podían pertencer a unha familia que podía permitir o seu uso a uns terceiros a cambio dunha determinada porcentaxe do produto moído. Estes denomínanse «de maquía» por ser esta unha unidade de medida que correspondía a unha libra e que servía de pagamento ao dono do muíño.

Na nosa parroquia existen 17 muíños documentados, nomeadamente e en orde de aparición partindo do San Cibrán cara O Cacheno: o de Calderón, o da Bouzafría, os do Buraco e Buraquiño, o da Pedrosa, o do Sorrego, o do Migueliño, o de Matías, o de Acebedo, os de Outeiro e Outeiriño, o de Eifonso, o da fonte de Sansegueira, o de Xeme, o de Abalde, os de Muxo e mais os Muíños Vellos.

Seguindo os seus postulados, a asociación Pena Cabalaria organizou o pasado 4 de xuño unha moenda no muíño da Pedrosa para poñer en valor o que consideramos un elemento senlleiro do patrimonio material da nosa parroquia. O que se pretende con esta actividade é, por unha banda, promover entre os nosos veciños o que entendemos como a esencia do noso colectivo: o amor e o respecto, desta vez pola nosa arquitectura máis enxebre e, por outra banda, incidir na mocidade para transmitirlles uns valores renovados e que están estreitamente relacionados cos fundamentos dunha vida sostible: a defensa e a conservación do noso patrimonio etnográfico, acompañados na praxe con actividades lúdicas que conciencien á xente nova dun xeito ameno, como poden ser a debulla do millo para a súa moenda; a participación en primeira persoa no funcionamento dun muíño de río e, obviamente, a oportunidade de gozaren dun entorno inigualable, digno da maior gabanza.

Asemade, e por se non abondaba, propuxemos aos visitantes a degustación dunha amalgama de produtos non que o millo é un elemento básico, dende moletes de pan ata empanadas de varios tipos, pasando por pan con queixo de tetilla, marmelo e alcriques, todo isto regado quer cun bo viño do país quer con refrescos para os máis cativos.

Velaí, dun xeito superficial, os obxectivos que dende a asociación Pena Cabalaria nos marcamos con esta actividade, evento que consta na nosa axenda coma algo a repetir ano tras ano.

28/5/11

MOENDA NO MUIÑO DA PEDROSA




Tes unha cita o próximo Sabado 4 de xuño a partires das 16.00 H.

Confiemos no bo tempo para podernos gozar de todo o que temos preparado nesta moenda 2011.

Desta, xa con millo de colleita propia,sementaremos nunha leira próxima sempre millo corvo e millo branco.Esperamos que se apunten de novo avoas e avós que na posada edición xa nos votaran unha man.
Na contorna do muíño da Pedrosa ,os mais cativos poderán debullar o millo que logo será moído e que, unha vez recollida a fariña, poderán peneirala para meter en bolsas de papel para levar para as súas casas.En medio de toda esta actividade teredes tempo para degustar unha boa empanada de millo ou un anaco de pan acompañado con un refresco ou un vaso de viño escoitando, como non, a grupo de gaitas CANS DE PALLEIRO da sociedade cultural Helios de Bembrive.Se esto aínda che parece pouco,poderás ver unha pequena mostra de aparellos de labranza a si como achegarte ate o muíño do Buraco a ver un pase do audiovisual que temos preparado.

17/5/11

20 DE MAIO, OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PAN DE MILLO



O próximo día 20 de Maio a partires das 20.30 h, na cociña que poñen a nosa disposición a Asociación Cultural e Recreativa "Helios" e a Asociación de Mulleres "Lúa".
Poderedes seguir todo o proceso de elaboración do pan de millo e aproveitaremos para falar das propiedades que teñen os cereaís na dieta diaria e en particular o millo corvo

19/4/11

Conferencia e plantación de arbores micorrizadas.

O pasado 18 de Febreiro, Puri Lorenzo bióloga especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, falounos durante aproximadamente hora e media sobre as arbores micorrizadas, procesos no laboratorio para a súa consecución,e xa unha vez plantadas beneficios para as arbores, para o solo, e o un valor engadido para a propia comunidade(económico,lecer,gastronómico).
Contou coa asistencia de alomenos 40 persoas,entre as que se atopaban directivos das distintas asociacións culturais, comisións de festas,comunidades de augas e de asociacións micolóxicas,as que o remate achegáronse para felicitarnos polo interesante do contido da conferencia.

Dende a asociación, pedimos a os distintos colectivos da parroquia a súa implicación para facer posible a plantación de un cento de castiñeiros micorrizados, que foi feita o pasado 26 de Febreiro polos socios da asociación. Podemos dicir que foi positivo e que a día de hoxe en Bembrive deuse un gran paso cara a concienciación da sociedade da importancia dos nosos bosques .
Grazas a :
Entidade Local Menor de Bembrive,
Comisión de Festas de San Brais e Santiago,
Comisión de Festas de San Cibrao,
Asociación Cultural e Recreativa Helios,
Asociación de Mulleres Xestas,
Asociación Micolóxica “A Zarrota” ,
A Presidenta da Asociación Micolóxica “A Zarrota”(Lorena Cascallar),
e tódolos seus socios e socias de estes colectivos pola súa contribución.

14/2/11

Un bosque con vida... con futuro, para ti, para todos.

Todos e cada un de nos,temos a responsabilidade de manter os nosos bosques no mellor estado posible de conservación para que cumpran co seu obxectivo vital.
Con esta intención, esta pensada esta conferencia e posterior plantación, posibilitando a participación e implicación tanto dos veciños como dos diferentes colectivos da parroquia.

Estades convidados, o vindeiro día 18 de febreiro as 20.30 h, no auditorio do centro cultural Helios de Bembrive, como actividade previa a plantación de 100 arbores micorrizados no bosque de Bembrive.
Co titulo "Os bosques con arbores micorrizados, xeneradores de riqueza para a comunidade", Puri Lorenzo bióloga, especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, será a encargada de falar sobre este tema.

Esperámoste.

17/1/11

O tarabelo, o boletín impreso da asociación.


Xa temos na rúa ,dende o pasado mes de Decembro, o primeiro boletín de información da asociación.

-Podes atopalo en calquera local das distintas asociacións da parroquia,
-na entidade local,
-no quiosco de Merchi, na farmacia de Trini,
-na ferraxería do Cacheno,
-no ambulatorio e nos colexios da Chans e do Mosteiro,
-así como no bar “A Pedra”, “O raro”, “A buraca”, na “Casa Veiga”e no bar “Os Ramallos”.

Celebradas as xornadas de inicxiación a micolóxia



Xornadas de iniciación a micolóxia .
Orientada a iniciados na micoloxía, celebradas o pasado 19 e 20 de Outubro e coa participación de unhas 20 persoas tanto da parroquia coma de fora dela, estas xornadas de iniciación.
Dioni Comesaña foi o encargado, esta vez, de introducirnos no mundo da micoloxía, primeiro con unha charla e axudado de fotografías, e o día seguinte a tarde con unha saída de campo na que descubrimos diferentes cogomelos tanto comestibles coma velenosos.
Esta actividade foi subvencionada pola Entidade Local Menor de Bembrive