31/1/12

CELEBRADAS AS XORNADAS MICOLOXICAS.

Dioni Comesaña ,un ano mais, marabíllanos con a súa sabiduría tanto no campo da micoloxía ,como no da gastronomía,facendo que os dous días que duraron as xornadas micolóxicas,sexan moi amenas e interesantes .
O venres 20,no audiovisual sobre gastronomía-micoloxíca, falounos dende como conservar os cogomelos a o glutamato monosodico, pasando polas diferentes clases de sal ate chegar a fala do “flavour”,ate falarnos da cociña o baleiro.
Pasamos logo a cociña, na que cociñou lingua de vaca e “catarelus tubeiformes” para pasar a degustalos acompañados con un delicioso Albariño.
O sábado 21, pola mañá audiovisual e charla de iniciación a micoloxía,onde foi debullando as partes de un cogomelo,ate falarnos de como se deben coller, e consellos vitais a hora de in a recolleita dos fungos, entre outras cousas.
Xa a tarde,saída de campo,tamén moi practica,que nos permitiu visualizar unha gran variedade de cogomelos na zona que eliximos.Dende lingua de vaca, cantarelus tubeiformes, diferentes clases de amanitas,laccaria,rúsulas,sparassis ou ramaria entre outras, permitiron os participantes ter unha idea xeral da metodoloxía a seguir cando decidamos ir a recolleita de cogomelos.

14/1/12

XORNADAS MICOLOXICAS


Un ano mais, un pouco adiado polas condicións climatolóxicas pouco favorables para os cogomelos, celebraremos as Xornadas Micolóxicas,nesta ocasión con algunha novidade,así o venres día 20 de xaneiro de 2012 as 20,30 h teremos o primeiro “ A darlle a lingua “ charla-audiovisual sobre cociña científica e cogomelos no salón de actos do centro cultural, e o remate, pasaremos a cociña para poñer en práctica o dito, e facer unha degustación.
Para o sábado dia 21 , charla-audiovisual “ Iniciación a Micoloxía “ as 11.30 h no salón de actos do centro cultural .Despois de xantar,sobre as 15.30h no centro cultural para saír o monte a recolleita de cogomelos e clasificalos. ANIMATE E PARTICIPA.